plan de estudios: teoría e práctica da animación de imaxes

Capacidades terminais
* Analizar desde unha perspectiva teórico-práctica diversos medios audiovisuais, desde a imaxe máis estática (diaporamas) ó movemento do debuxo (cine de animación, televisión ou vídeo), así como a influencia que as novas tecnoloxías infográficas exercen sobre eles.
* Distingui-los diferentes sistemas de animación.
* Identifica-la metodoloxía propia en cada sistema de producción de debuxos animados: medios e procedementos habituais.
* Realizar curtametraxes ou anuncios en que interveña a animación de imaxes.
* Utiliza-los aspectos gráficos e estéticos dos programas audiovisuais directamente relacionados coas técnicas de animación e posproducción.
* Analizar, desde unha perspectiva técnico-práctica, as posibilidades estéticas, expresivas e de comunicación que ofrecen os medios audiovisuais, así como os factores temporais e dinámicos da imaxe en movemento.
* Realizar informes orais ou escritos referentes ás practicas realizadas, utilizando correctamente a terminoloxía.

 Contidos
* Introducción á linguaxe audiovisual. Os factores temporais e dinámicos da imaxe en movemento.
* Os sistemas de producción. Medios técnicos.
* Historia da imaxe en movemento. A persistencia retiniana e o efecto Phi.
* Cine de animación: principios básicos. Leis físicas e estéticas. Temporización e movemento.
* Linguaxe cinematográfica: guión, story board, espacio e tempo cinematográficos. Montaxe, ritmo, metáforas, símbolos, elipses, etc.
* Medios audiovisuais aplicados á animación de debuxos ou obxectos inanimados.
* Animación clásica. Proceso de traballo. Banco de animación. Elementos.
* Técnicas e personalidades do cine de animación: Norman McLaren, Walt Disney, o cine checo de animación, Saul Bass, etc. Principais características.
* Breve detención na tecnoloxía vídeo: o sinal de televisión. Cámaras. Procesos de gravación. Formatos. Sistemas de edición. Animación co medio vídeo.
* Animación dixital. Imaxe analóxica e dixital. Recursos técnicos básicos necesarios. Procedementos.
* Realización de anuncios e curtametraxes nos que se integren fases de animación nalgunha das súas múltiples técnicas.
* Elaboración de traballos prácticos manipulando correctamente o material técnico.
* Participación en equipos de traballo para a elaboración de producto audiovisual completo.
* Responsabilidade cos medios técnicos que se utilicen.
* Interese pola consecución de solucións innovadoras.

 Criterios de avaliación
* Analizar crítica e analiticamente as diferentes mensaxes audiovisuais.
* Describi-los mecanismos teórico-expresivos audiovisuais.
* Amosar orixinalidade de formulación nos traballos propostos.
* Amosar calidade técnica e formal no acabado dos traballos.
* Autoanalizar e autoavaliar criticamente os resultados obtidos.

Fuente: DECRETO 93/2002, do 14 de febreiro, Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario