Capacidades terminais
* Identifica-los conceptos fundamentais sobre percepción e describi-lo lugar que ocupan as diferentes imaxes no mundo da comunicación e os distintos usos que o público fai delas.
* Describir e usar distintos modelos de análise de imaxes.
* Utilizar correctamente a terminoloxía propia do estudio analítico das mensaxes visuais.
* Analiza-los diferentes medios publicitarios valorando desde actitudes críticas, as mensaxes visuais.
* Elabora-la información necesaria para poder desenvolve-los seus proxectos sobre unha base teórica fundamentada.
* Distinguir unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e nas mensaxes que recibimos.
* Realizar exemplos gráficos que poñan de manifesto a incidencia do contexto na percepción.
* Elaborar imaxes que ilustren a problemática do concepto de contorno na relación figura-fondo.
* Elaborar un arquivo de imaxes seguindo uns parámetros de clasificación determinados.
* Interpretar, a nivel retórico, mensaxes fotográficas e publicitarias, precisando os campos semánticos dos elementos participantes, así como identifica-los aspectos coincidentes e das figuras existentes.
Contidos
* O proceso perceptivo.
* Teoría da Gestalt e outros desenvolvementos teóricos complementarios.
* Concepto de imaxe: definición e clasificación. Etimoloxía e funcións.
* Comunicación e información: da descodificación á codificación. Semioloxía, semántica, sintáctica e pragmática.
* Semiótica dos mensaxes visuais. O signo icónico. Plano da expresión e plano do contido. Denotación e connotación. Importancia do contexto.
* Estudio dos mensaxes visuais nos diferentes niveis. Bases para a análise retórica: mecanismos e figuras.
* Persuasión e comunicación.
* Identificación e comprobación das leis xestálticas en imaxes.
* Análise das mensaxes visuais elementais.
* Distinción de unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e nas mensaxes que recibimos.
* Valoración do proceso perceptivo como fonte xeradora da memoria e o pensamento visual.
* Actitude aberta e positiva cara á experimentación coas bases perceptivas teóricas.
* Interese por comprende-la natureza e funcións da imaxe como paso previo á aprendizaxe dos procesos de análise.
* Actitude receptiva e crítica á hora de aborda-la metodoloxía de análise procedente de distintos desenvolvementos teóricos.
* Interese pola consecución de solucións innovadoras.
* Precisión, orde e rigor na realización dos proxectos.
Criterios de avaliación
* Interpreta-las imaxes atendendo a modelos de análise.
* Utilizar axeitadamente a terminoloxía específica do módulo.
* Amosar unha actitude constructiva, dialogante e de tolerancia cara ás opinións e puntos de vista diferentes dos seus, sen descoida-lo rigor das súas argumentacións e xuízos críticos.
* Aplica-los métodos e procesos de traballo nos diferentes problemas de comunicación visual que se lle poidan presentar.
* Realizar un enfoque globalizador de tódolos aspectos que interveñen en cada exercicio de fotografía que se lle presente.
* Amosa-la información que se lle proporcione respecto dos contidos teóricos e prácticos do proceso visual.
* Elaborar con rigor e precisión informes orais e escritos.
* Amosar unha disposición positiva ó traballo en equipo, sendo consciente de que as solucións que achegue deben enmarcarse e adaptarse a procesos de traballo complexos e moitas veces pluridisciplinares.
* Amosar curiosidade fronte ós cambios sociais, culturais e estéticos que se producen na sociedade.
* Elaborar e expor opinións críticas argumentadas sobre diversas imaxes.
Fuente: DECRETO 93/2002, do 14 de febreiro, Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario