Plan de estudios: proxecto interdisciplinar (borrador)


Descritor/contidos:
-Métodos de investigación no deseño. O proceso proxectual como investigación. Deseño publicitario. O traballo en equipo.
-Tecnoloxía dixital para a presentación e a comunicación do proxecto.
-Elaboración de proxectos interdisciplinares integrados.
-Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Competencias que se adquiren:

TRANSVERSAIS:


T. 1.
Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T. 3.
Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T. 6.
Realizar autocrítica cara o propio desempeño profesional e interpersoal.
T. 7.
Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.
T. 8.
Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T. 9.
Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.
T. 10.
Liderar e xestionar grupos de traballo.
T. 11.
Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, medioambiental e cara a diversidade.
T. 13.
Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.
T. 14.
Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
T. 15.
Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.
T. 16.
Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.
T. 17.
Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.

XERAIS:

X. 1.
Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.
X. 2.
Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X. 3.
Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
X. 7.
Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.
X. 10.
Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución  tecnolóxica industrial.
X. 11.
Comunicar ideas e proxectos aos clientes, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.
X. 15.
Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.
X. 16.
Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.
X. 18.
Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previsto.
X. 19.
Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
X. 20.
Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo,dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.
X. 21.
Dominar a metodoloxía de investigación.
X. 22.
Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.

ESPECÍFICAS:
E. G. 1.
Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.
E. G. 2.
Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
E. G. 3.
Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica
E. G. 4.
Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.
E. G. 8.
Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.
E. G. 9.
Analizar o comportamento dos receptores do proceso comunicacional    en  función dos obxectivos do proxecto.
E. G. 10.
Aplicar métodos de verificación da eficacia comunicativa.
E. G. 13.
Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño gráfico.
E. G. 15.
Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do medio ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
Fuente: (Xunta de Galicia)
Real Decreto 633/2010, de 14 de mayo

No hay comentarios:

Publicar un comentario